Sabedes cando conocedes a alguén que vos fai perder o rumbo completamente, que cando pensábades que todo o anterior non se podía superar, esto triplícao?
Aí é cando empezan as cousas románticas, as conapadas e incluso os "te quiero" que pouco a pouco van cobrando un sentido completo.
Descubres que non necesitas todos os plans que fixeras anteriormente noutras relacións, con esta persoa, non importa o lugar, nin a forma, nin o momento, cada detalle é único e especial.
De pronto xa non queres bicos na Torre Eiffel, nin en Dublín, nin en Roma, nin siquiera en Santiago. Todo che parece perfecto, incluso unha beirarrúa enchoupada en plena tormenta.
Nese momento é cando comprendes que os detalles non os conforman os sitios, nin os países, nin siquiera o tempo. Solo importa a persoa que tes a 2 mm de ti e que aínda cres que está demasiado lonxe. Aquela ca que podes pasar horas e horas sin aburrirte, a que é capaz de cambiar os teus malos días, de convertir ata a palabra máis insignificante e incluso inexistente nun detalle especial, para recordar.
Aí é cando ves que cada foto, cada mensaxe, cada abrazo, cada achuchón... teñen un valor sentimental incalculable, que non hai cartos no mundo que paguen cada sonrisa. Vaste todas as noites a dormir e no último que pensas é en cada momento que pasastes xuntos, en cada abrazo, cada frase que che susurrou, solo pensas en recordar absolutamente todos os detalles para evitar que algún se che escape e caia no olvido, inintencionadamente.
Non hai día no que non releas a súa conversación, non hai momento en que non penses nel, que non se che escape unha sonrisa cando te vacilen con el e que seas incapaz de negar que hai algo porque automáticamente te pos como un tomate, pero no fondo sabes que non che importa porque é o que levabas esperando moito tempo e é o que realmente queres para ti neste momento. Sencillamente te durmes e te despertas pensando en todo o que ten que ver con el e solo queres volver a velo canto antes porque sabes que, para ti, nestes momentos, é o teu mellor regalo.
Nese momento é cando te das conta de que xa non queres bicos na Torre Eiffel, nin en Dublín, nin en Roma, nin siquiera en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario