viernes, 20 de febrero de 2015

Mens le monde tourne... Eu sigo de "Mal Día"

Sabedes desos malos días en que todo vos senta mal? Hoxe tiña pensado escribir sobre outra cousa, pero a verdad é que non me encontro nin con ganas nin con ánimo para falar de nada.
Ao que iba, sabedes esos días nos que te levantas de moi bo humor, tes un día normal, te ris coma sempre pero que de camiño a casa che apetece ir sola, cos cascos e sin falar con nadie? Aí é cando te dás conta de que algo no teu día non está indo ben. Que algo se está torcendo pero non sabes o que. Empezas a sentir ira, frustración e incluso rabia. Todo che molesta, que che falen porque fan ruido, que non che falen porque te sintes sola, sin que nadie te escoite, xusto no momento en que estás mal. É unha sensación horrible.
Séntache mal calquer tontería diaria ca que normalmente te terías rido como se nada pasase, porque en verdad, cando eso sucede, non suele pasar nada. Hoxe no, hoxe tes o día horrible e en vez de rirte dos vaciles que che caen, poste a chorar, derrotada porque ves que non sabes que decir, porque non che apetece pelear contra nadie, aínda que sea de cachondeo.
Colles e marchas para a túa habitación, aíslaste; dentro de media hora virá túa nai a preguntarche que che pasa, falaraslle mal e discutiredes. Parece que me sei esto como o Padrenuestro.
En fin, volvamos ao das sensacións que é o que nestes momentos nos ocupa,
Estabamos ca horrible sensación de que se che falan che molesta pero que se non o fan sínteste sola, no momento crucial. Non sabes que facer, a quen recurrir porque se todos che molestan non vas atopar consuelo tan fácilmente. Pensas nesa persona especial pero despois daste conta de que non che gustaría que te vise así. Entón, unha vez máis, colles e pasas. Gárdalo todo para ti e probablemente te pases parte da noite, por non decir completa, sin querer falar con nadie, desperta, pensando en cousas nas que non deberías pensar. Sentíndote cada vez peor, hasta que terminas por reventar e chorar - empezo a collerlle asco a este texto, está sendo demasiado depresivo; continúo - Supostamente, mañá esto xa terá pasado, xa te levantarás "normal" a ollos dos demais e aínda que a ti non che dure esa angustia da noite anterior, probablemente si che dure o enfado ca xente, estarás de mal humor gran parte do día, hasta que todo pase e se quede nun denominado "mal día" que, sinceramente, non creo que sea o nome máis axeitado. Cando unha persona ten un mal día é porque algo non vai ben no seu interior, falo por experiencia propia.
Dito esto, eu vou polos meus cascos a meterme na miña cama, co meu Mal Día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario