Falemos de dolor. un concepto tan abstracto e que abarca un abanico tan amplio de sentimentos...
O que para uns pode non singificar absolutamente nada, para outros pode causar a súa ruina.
A ruina, todos cremos que podemos estar arruinados por dentro por certas situacións que vivimos e soportamos, en moitas ocasións, por un largo período de tempo.
Despois dunhas cuantas caídas apréndese que nunca está todo perdido, que nunca se acaba todo, que nada é o cen por cen dun todo. Con 15-18 anos non podemos decir que estamos destrozados, a pesar de que en moitos casos podemos estar perdidos, desorientados e incluso sin ganas de nada. Pero o mundo nin empeza nin termina nun solo problema. Todos os días corremos o riesgo de que nos poda pasar algo, sexa bo ou malo.
Cando unha persona afronta unha situación á que non está acostumbrado, sea do tipo que sea, o seu corpo ténsase e ten que administrar os sentimentos e as emocións nun período de tempo demasiado corto o que en ocasións pode ter secuelas moi variadas, é o que lle chaman as supostas fases de duelo. Cada persoa ten unha forma diferente da do resto de afrontar as cousas. Uns asímilanas moi ben (dentro do que cabe) e outros, en cambio, preferimos gardar o que sentimos e en ocasións enquístasenos dentro, provocándonos así que o dolor nos dure moito tempo e se manifeste de formas moi distintas, non sempre se expresan en forma de lágrima ou tristeza. Eso tamén vai en función do carácter de cada persona.
En moitas ocasións permitímonos o atrevimiento de juzgar o dolor dunha persona pola forma en que actúa de cara ao público. Recordo que cando falleciu meu pai, eu non me mostrei en ningún momento débil hacia os demais. Quixen continuar coa miña vida como se non houbese pasado. En vez de andar chorando polas esquinas, consciente de que eso non servía absolutamente de nada, seguín coa miña sonrisa plantada na cara, cos meus malos días, como todo o mundo, son humana; e recordo o comentario que fixeran unha compañeiras de clase un día que eu non fora e era que parecía que a morte de meu pai non me afcetara en aboluto cando o certo era que neses momentos sentía esa sensación de estar destrozada por dentro e sin ánimos de nada pero eso á xente non lle importaba nin o máis mínimo e eu non tiña por que demostrar que eso sucedía.
O caso é que ese comentario, naquel momento en que eu estaba tan susceptible, sentoume particularmente mal e máis tendo en conta de quen procedía. Desde ese mismo momento dinme conta de que tiña que deixar de ser tan transparente para o mundo. Tiña que aprender a diferencia entre clara e transparente, protexerme máis e deixar que a opinión da xente non me influenciase tanto, establecer prioridades e sobre todo, ese día aprendín a aplicar a lei de "non lle fagas aos demais o que non queiras para ti".
No hay comentarios:
Publicar un comentario