Cando levas tempo nesto de plasmar ideas nun papel, sintes que tes o deber de continuar, aínda que ninguén te lea, aínda que só escribas para ti. Convirtese nunha das túas maiores rutinas, desas que ata agradeces.
Non sei se son a única á que lle pasa pero isto de cambiar a un formato dixital merma moito as miñas capacidades creativas. Por norma xeral, cando me poño frente a un folio en branco, non me custa traballo redactar un exto, sexa máis bo ou menos. Pero isto dos blogs creame rexeitamento, non sei se polo feito de que sexa público ou por que outra razón.
A finalidade deste blog aínda non a teño moi clara, supoño que desaforgarme dun xeito distinto e ao tempo, agradar á xente cos meus textos; non sei o que salirá der aquí, pero por probar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario