sábado, 21 de febrero de 2015

"Nos aferramos a lo que nos destruye"

Si, temos tendencia a aferrarnos, inconscientemente, ao que nos destrúe. Non sei se por instinto ou por que razón, nunca nos gustaron as cousas fáciles, a min polo menos. As cousas que nos destrozan adoitan ser as que máis perseguimos.
 Case sempre traducimos esto ao amor dado a que, na maioría dos casos, é onde acontece.
Cando unha persoa nos gusta, tendemos a ceder, ser máis flexibles e ata deixar o noso orgullo de lado. Dependendo da persoa, este comportamento pode ser aceptable, aínda que non correcto, pero na maioría de ocasións o que nos está facendo é convertirnos en persoas máis permisivas, o que en ocasións a outra parte interpreta como vía libre para facer o que lle veña en gana e para nada é así.
Fannos daño e continuamos perdonando, moitas veces porque sabemos que se non o facemos eso significa perder á outra persoa.
 En moitos casos, casi me atrevería a decir que en todos, estes comportamentos veñen precedidos de sucesivas discusións e de que, se a persoa dañada non inicia conversación, non se fala, pouco interés, en resumidas contas.
Por experiencia sei que ese tipo de relacións non conducen a ningunha parte, non teñen futuro e nin siquiera un bo final. As excusas non son nin necesarias, nin válidas, as cousas á cara. 
Case sempre, atrás das excusas veñen as mentiras e os continuos engaños e continuamos perdonando, acumulando daños que nos destrúen lentamente por dentro, perdonamos por un sentimento que denominamos amor cando, en moitos casos, se trata dunha especie de dependencia ou nin siquiera eso, tan solo cariño por todo o tempo que pasou. Pensamos en rendirnos e non darlle máis oportunidades. Entón, eu non sei se se dan de conta ou non, pero xusto no momento en que te decides a decirlle as cousas claras, coincide que teñen un bo día e catro palabras bonitas para ti, catro palabras que che fan cambiar automáticamente o pensamento, sendo consciente de que non necesitas máis que a mínima excusa para continuar, porque o queres.
E, ao final, non sirve de absolutamente nada, porque unha relación así, para nada se trata do teu futuro, senon de algo pasaxeiro, mentres a outra persoa te utiliza para pasar o tempo, tal vez pode desarrollar algún cariño hacia ti, pero para nada amor.
 O que a min me leva a pensar... cantas veces nos equivocamos, aguantamos e calamos por medo a perder unha persoa que máis tarde ou máis cedo rematrá por desaparecer da nosa vida, voluntariamente?

No hay comentarios:

Publicar un comentario