Sabedes esa maldita sensación de sentirvos solos nun mundo no que estades rodeados de "xente"? E entrecomillo o de xente porque a diferencia creo que é bastante clara, que entre xente e persoas hai un abismo. Que podemos conocer a 14500 personas, contarlle a nosa hitoria a 250, os nosos problemas a 20 que ao final, cando de verdad o necesitemos, imos ter a unha sola.
Con esto non digo que o mundo sea unha merda nin moito menos, cada un é dono da súa vida e decide como vivila; eu misma, con solo 16 anos, tomei moitísimos rumbos diferentes hasta ter claro o que realmente quería facer.
O problema vén cando empezamos a conocer mundo e aínda non aprendemos a valiosa lección de que na vida nadie vai actuar nunca nin como nos queiramos, nin como esperemos que o farían ou o como nós mesmos o faríamos. Aí é cando comezamos a crer en falsos infinitos, en promesas vacías, en palabras que desaparecen con solo uns minutos.
Hai persoas ás que lles basta unha sola decepción para deixar de confiar por completo en toda a humanidade e outras, coma min, que tras lear miles de golpes, decepcións e escarmentos, seguimos dando oportunidades como a primeira vez; tal vez por pena, tal vez por inocencia, por esperanza, porque vai na nosa forma de ser o porque simplemente somos gilipollas.
Fállannos unha e outra vez, xogan con nós repetidas veces e rinse de nós na nosa puta cara e seguimos perdonando todo, chéganos como xustificación un simple "perdón".
Por que seguimos perdonando cousas que nos fan chorar noite si e noite tamén? Decepcións que sufrimos sin ningún tipo de necesidad. Acaso non nos chergan os golpes que nos vai dar a vida ao longo do camiño? Eses si que non os podemos evitar e son mil veces máis dolorosos do que nos podemos imaginar.
Malgastamos o noso valioso tempo en personas que non darían absolutamente nada do que teñen por nós, que nos usan como pasatempo mentres que non atopan algo mellor. Persoas ás que non lles importa darnos a patada e que caiamos ao máis fondo dos abismos. "Con 15 anos as cousas que carallo van doer?" din... Se a edad é un maldito nº para unhas cousas, por que para outras é tan importante?
Resulta decepcionante ver como persoas inocentes que realmente se saben tomar as cousas en serio sufren por outras que simplemente están "disfrutando da vida".
As personas non somos monicreques de papel cos que xogar según a dirección do vento.
Sei que nunca vou cambiar o mundo pero eso non quita que siga detestando a sociedad na que vivo, porque eu en primeira persona vivín a decepción do meu primeiro "gran amor", por moito noxo que me dea reconocelo, e tamén a morte do meu pai e asegúrovos que comparando os dous sucesos, son incapaz de decantarme por cal me doiu máis. Se ben é certo que son dolores distintos, o que se sufre é tanto que hai días que te deitas igual que te levantaches, derrotada, sin ganas de nada, sin forzas para seguir, cando menos tes que pensar é cando máis pensas, cando máis preguntas te fas, cando máis che molesta todo. E é que o máis frustrante é non atopar respostas a tantas preguntas e sentirte culpable por eso. Solo queres chorar hasta perder a noción do tempo e non consigues entender por que da noite para a mañá che arrebatan, sin nin siquiera pedirche permiso algo que che pertenece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario