lunes, 23 de febrero de 2015

"Ya no quiero besos en la Torre Eiffel, ni en Dublín, ni en Roma, ni siquiera en Santiago."

Sabedes cando conocedes a alguén que vos fai perder o rumbo completamente, que cando pensábades que todo o anterior non se podía superar, esto triplícao?
Aí é cando empezan as cousas románticas, as conapadas e incluso os "te quiero" que pouco a pouco van cobrando un sentido completo.
Descubres que non necesitas todos os plans que fixeras anteriormente noutras relacións, con esta persoa, non importa o lugar, nin a forma, nin o momento, cada detalle é único e especial.
De pronto xa non queres bicos na Torre Eiffel, nin en Dublín, nin en Roma, nin siquiera en Santiago. Todo che parece perfecto, incluso unha beirarrúa enchoupada en plena tormenta.
Nese momento é cando comprendes que os detalles non os conforman os sitios, nin os países, nin siquiera o tempo. Solo importa a persoa que tes a 2 mm de ti e que aínda cres que está demasiado lonxe. Aquela ca que podes pasar horas e horas sin aburrirte, a que é capaz de cambiar os teus malos días, de convertir ata a palabra máis insignificante e incluso inexistente nun detalle especial, para recordar.
Aí é cando ves que cada foto, cada mensaxe, cada abrazo, cada achuchón... teñen un valor sentimental incalculable, que non hai cartos no mundo que paguen cada sonrisa. Vaste todas as noites a dormir e no último que pensas é en cada momento que pasastes xuntos, en cada abrazo, cada frase que che susurrou, solo pensas en recordar absolutamente todos os detalles para evitar que algún se che escape e caia no olvido, inintencionadamente.
Non hai día no que non releas a súa conversación, non hai momento en que non penses nel, que non se che escape unha sonrisa cando te vacilen con el e que seas incapaz de negar que hai algo porque automáticamente te pos como un tomate, pero no fondo sabes que non che importa porque é o que levabas esperando moito tempo e é o que realmente queres para ti neste momento. Sencillamente te durmes e te despertas pensando en todo o que ten que ver con el e solo queres volver a velo canto antes porque sabes que, para ti, nestes momentos, é o teu mellor regalo.
Nese momento é cando te das conta de que xa non queres bicos na Torre Eiffel, nin en Dublín, nin en Roma, nin siquiera en Santiago.

sábado, 21 de febrero de 2015

"Nos aferramos a lo que nos destruye"

Si, temos tendencia a aferrarnos, inconscientemente, ao que nos destrúe. Non sei se por instinto ou por que razón, nunca nos gustaron as cousas fáciles, a min polo menos. As cousas que nos destrozan adoitan ser as que máis perseguimos.
 Case sempre traducimos esto ao amor dado a que, na maioría dos casos, é onde acontece.
Cando unha persoa nos gusta, tendemos a ceder, ser máis flexibles e ata deixar o noso orgullo de lado. Dependendo da persoa, este comportamento pode ser aceptable, aínda que non correcto, pero na maioría de ocasións o que nos está facendo é convertirnos en persoas máis permisivas, o que en ocasións a outra parte interpreta como vía libre para facer o que lle veña en gana e para nada é así.
Fannos daño e continuamos perdonando, moitas veces porque sabemos que se non o facemos eso significa perder á outra persoa.
 En moitos casos, casi me atrevería a decir que en todos, estes comportamentos veñen precedidos de sucesivas discusións e de que, se a persoa dañada non inicia conversación, non se fala, pouco interés, en resumidas contas.
Por experiencia sei que ese tipo de relacións non conducen a ningunha parte, non teñen futuro e nin siquiera un bo final. As excusas non son nin necesarias, nin válidas, as cousas á cara. 
Case sempre, atrás das excusas veñen as mentiras e os continuos engaños e continuamos perdonando, acumulando daños que nos destrúen lentamente por dentro, perdonamos por un sentimento que denominamos amor cando, en moitos casos, se trata dunha especie de dependencia ou nin siquiera eso, tan solo cariño por todo o tempo que pasou. Pensamos en rendirnos e non darlle máis oportunidades. Entón, eu non sei se se dan de conta ou non, pero xusto no momento en que te decides a decirlle as cousas claras, coincide que teñen un bo día e catro palabras bonitas para ti, catro palabras que che fan cambiar automáticamente o pensamento, sendo consciente de que non necesitas máis que a mínima excusa para continuar, porque o queres.
E, ao final, non sirve de absolutamente nada, porque unha relación así, para nada se trata do teu futuro, senon de algo pasaxeiro, mentres a outra persoa te utiliza para pasar o tempo, tal vez pode desarrollar algún cariño hacia ti, pero para nada amor.
 O que a min me leva a pensar... cantas veces nos equivocamos, aguantamos e calamos por medo a perder unha persoa que máis tarde ou máis cedo rematrá por desaparecer da nosa vida, voluntariamente?

viernes, 20 de febrero de 2015

Mens le monde tourne... Eu sigo de "Mal Día"

Sabedes desos malos días en que todo vos senta mal? Hoxe tiña pensado escribir sobre outra cousa, pero a verdad é que non me encontro nin con ganas nin con ánimo para falar de nada.
Ao que iba, sabedes esos días nos que te levantas de moi bo humor, tes un día normal, te ris coma sempre pero que de camiño a casa che apetece ir sola, cos cascos e sin falar con nadie? Aí é cando te dás conta de que algo no teu día non está indo ben. Que algo se está torcendo pero non sabes o que. Empezas a sentir ira, frustración e incluso rabia. Todo che molesta, que che falen porque fan ruido, que non che falen porque te sintes sola, sin que nadie te escoite, xusto no momento en que estás mal. É unha sensación horrible.
Séntache mal calquer tontería diaria ca que normalmente te terías rido como se nada pasase, porque en verdad, cando eso sucede, non suele pasar nada. Hoxe no, hoxe tes o día horrible e en vez de rirte dos vaciles que che caen, poste a chorar, derrotada porque ves que non sabes que decir, porque non che apetece pelear contra nadie, aínda que sea de cachondeo.
Colles e marchas para a túa habitación, aíslaste; dentro de media hora virá túa nai a preguntarche que che pasa, falaraslle mal e discutiredes. Parece que me sei esto como o Padrenuestro.
En fin, volvamos ao das sensacións que é o que nestes momentos nos ocupa,
Estabamos ca horrible sensación de que se che falan che molesta pero que se non o fan sínteste sola, no momento crucial. Non sabes que facer, a quen recurrir porque se todos che molestan non vas atopar consuelo tan fácilmente. Pensas nesa persona especial pero despois daste conta de que non che gustaría que te vise así. Entón, unha vez máis, colles e pasas. Gárdalo todo para ti e probablemente te pases parte da noite, por non decir completa, sin querer falar con nadie, desperta, pensando en cousas nas que non deberías pensar. Sentíndote cada vez peor, hasta que terminas por reventar e chorar - empezo a collerlle asco a este texto, está sendo demasiado depresivo; continúo - Supostamente, mañá esto xa terá pasado, xa te levantarás "normal" a ollos dos demais e aínda que a ti non che dure esa angustia da noite anterior, probablemente si che dure o enfado ca xente, estarás de mal humor gran parte do día, hasta que todo pase e se quede nun denominado "mal día" que, sinceramente, non creo que sea o nome máis axeitado. Cando unha persona ten un mal día é porque algo non vai ben no seu interior, falo por experiencia propia.
Dito esto, eu vou polos meus cascos a meterme na miña cama, co meu Mal Día.

jueves, 19 de febrero de 2015

O día en que te dás conta de que tes ao teu lado á mellor persoa que hai no mundo.

Pode sonar a peloteo, pero para nada.
O día en que te dás conta de que a quen tes ao lado é a mellor persona que a vida che puido regalar, ese día, sínteste a persona máis feliz do mundo.
Todo empeza cun día normal, neste caso un 7 de abril, do 2014 concretamente. Levántaste coas espectativas dun día normal, non moi bo, a etapa que estás pasando non é das túas mellores, precisamente. Vas a clase co mismo ánimo e asco pola humanidad que de costumbre.
Chegas, atópaste coa túa mellor amiga no insti, poñédesvos a falar como se nada e sale no tema de conversación o rapaz do que tantas veces falastes por "x" motivos. Propónche conocelo e nesa mesma tarde tes un grupo de WhatsApp con el. Comezades a conocervos e a cousa vai ben. (Canseime de contar a historia en 2º persona, vouna contar como a vivín) Descubrín que se trataba dunha gran persona, polo pouco que sabía del pero as semanas iban pasando e a confianza iba amentando; dinme conta de que era alguén especial en moitos sentidos.
Os meses van pasando e a relación con esa persona mellora, descubrín que era unha das pezas claves do meu puzzle.
Cando o necesitei, sempre estuvo aí, ao meu lado, sen importarlle os meus problemas, sin juzgarme polo que nese momento era, aceptándome como son.
É esa maravillosa persona ca que sinto que non necesito absolutamente nada máis, que me apoya incondicionalmente en absolutamente todo o que fago sin preguntarme por que o fago ou por que o deixo de facer, o que me protege e me advirte de todos os peligros e riesgos que podo correr. O que sencillamente sabe estar cando o necesito, me cuida, me protege e me mima como nunca nadie o fixo. Ganouse un gran sitio no meu corazón e espero que sea por moitos máis anos, poder recordar todos os momentos con el, que afortunadamente por ahora son todos.
Por ser o o maravilloso irmán maior que é.
Gracias por todo o que fas por min e por convertir o meu mundo nun lugar habitable e agradable.

miércoles, 18 de febrero de 2015

Falemos de dolor. un concepto tan abstracto e que abarca un abanico tan amplio de sentimentos...
O que para uns pode non singificar absolutamente nada, para outros pode causar a súa ruina.
A ruina, todos cremos que podemos estar arruinados por dentro por certas situacións que vivimos e soportamos, en moitas ocasións, por un largo período de tempo.
Despois dunhas cuantas caídas apréndese que nunca está todo perdido, que nunca se acaba todo, que nada é o cen por cen dun todo. Con 15-18 anos non podemos decir que estamos destrozados, a pesar de que en moitos casos podemos estar perdidos, desorientados e incluso sin ganas de nada. Pero o mundo nin empeza nin termina nun solo problema. Todos os días corremos o riesgo de que nos poda pasar algo, sexa bo ou malo.
Cando unha persona afronta unha situación á que non está acostumbrado, sea do tipo que sea, o seu corpo ténsase e ten que administrar os sentimentos e as emocións nun período de tempo demasiado corto o que en ocasións pode ter secuelas moi variadas, é o que lle chaman as supostas fases de duelo. Cada persoa ten unha forma diferente da do resto de afrontar as cousas. Uns asímilanas moi ben (dentro do que cabe) e outros, en cambio, preferimos gardar o que sentimos e en ocasións enquístasenos dentro, provocándonos así que o dolor nos dure moito tempo e se manifeste de formas moi distintas, non sempre se expresan en forma de lágrima ou tristeza. Eso tamén vai en función do carácter de cada persona.
En moitas ocasións permitímonos o atrevimiento de juzgar o dolor dunha persona pola forma en que actúa de cara ao público. Recordo que cando falleciu meu pai, eu non me mostrei en ningún momento débil hacia os demais. Quixen continuar coa miña vida como se non houbese pasado. En vez de andar chorando polas esquinas, consciente de que eso non servía absolutamente de nada, seguín coa miña sonrisa plantada na cara, cos meus malos días, como todo o mundo, son humana; e recordo o comentario que fixeran unha compañeiras de clase un día que eu non fora e era que parecía que a morte de meu pai non me afcetara en aboluto cando o certo era que neses momentos sentía esa sensación de estar destrozada por dentro e sin ánimos de nada pero eso á xente non lle importaba nin o máis mínimo e eu non tiña por que demostrar que eso sucedía.
O caso é que ese comentario, naquel momento en que eu estaba tan susceptible, sentoume particularmente mal e máis tendo en conta de quen procedía. Desde ese mismo momento dinme conta de que tiña que deixar de ser tan transparente para o mundo. Tiña que aprender a diferencia entre clara e transparente, protexerme máis e deixar que a opinión da xente non me influenciase tanto, establecer prioridades e sobre todo, ese día aprendín a aplicar a lei de "non lle fagas aos demais o que non queiras para ti".

Cando nos damos conta de que en realidad estamos solos...

Sabedes esa maldita sensación de sentirvos solos nun mundo no que estades rodeados de "xente"? E entrecomillo o de xente porque a diferencia creo que é bastante clara, que entre xente e persoas hai un abismo. Que podemos conocer a 14500 personas, contarlle a nosa hitoria a 250, os nosos problemas a 20 que ao final, cando de verdad o necesitemos, imos ter a unha sola.
Con esto non digo que o mundo sea unha merda nin moito menos, cada un é dono da súa vida e decide como vivila; eu misma, con solo 16 anos, tomei moitísimos rumbos diferentes hasta ter claro o que realmente quería facer.
O problema vén cando empezamos a conocer mundo e aínda non aprendemos a valiosa lección de que na vida nadie vai actuar nunca nin como nos queiramos, nin como esperemos que o farían ou o como nós mesmos o faríamos. Aí é cando comezamos a crer en falsos infinitos, en promesas vacías, en palabras que desaparecen con solo uns minutos.
Hai persoas ás que lles basta unha sola decepción para deixar de confiar por completo en toda a humanidade e outras, coma min, que tras lear miles de golpes, decepcións e escarmentos, seguimos dando oportunidades como a primeira vez; tal vez por pena, tal vez por inocencia, por esperanza, porque vai na nosa forma de ser o porque simplemente somos gilipollas.
Fállannos unha e outra vez, xogan con nós repetidas veces e rinse de nós na nosa puta cara e seguimos perdonando todo, chéganos como xustificación un simple "perdón".
Por que seguimos perdonando cousas que nos fan chorar noite si e noite tamén? Decepcións que sufrimos sin ningún tipo de necesidad. Acaso non nos chergan os golpes que nos vai dar a vida ao longo do camiño? Eses si que non os podemos evitar e son mil veces máis dolorosos do que nos podemos imaginar.
Malgastamos o noso valioso tempo en personas que non darían absolutamente nada do que teñen por nós, que nos usan como pasatempo mentres que non atopan algo mellor. Persoas ás que non lles importa darnos a patada e que caiamos ao máis fondo dos abismos. "Con 15 anos as cousas que carallo van doer?" din... Se a edad é un maldito nº para unhas cousas, por que para outras é tan importante?
Resulta decepcionante ver como persoas inocentes que realmente se saben tomar as cousas en serio sufren por outras que simplemente están "disfrutando da vida".
As personas non somos monicreques de papel cos que xogar según a dirección do vento.
Sei que nunca vou cambiar o mundo pero eso non quita que siga detestando a sociedad na que vivo, porque eu en primeira persona vivín a decepción do meu primeiro "gran amor", por moito noxo que me dea reconocelo, e tamén a morte do meu pai e asegúrovos que comparando os dous sucesos, son incapaz de decantarme por cal me doiu máis. Se ben é certo que son dolores distintos, o que se sufre é tanto que hai días que te deitas igual que te levantaches, derrotada, sin ganas de nada, sin forzas para seguir, cando menos tes que pensar é cando máis pensas, cando máis preguntas te fas, cando máis che molesta todo. E é que o máis frustrante é non atopar respostas a tantas preguntas e sentirte culpable por eso. Solo queres chorar hasta perder a noción do tempo e non consigues entender por que da noite para a mañá che arrebatan, sin nin siquiera pedirche permiso algo que che pertenece.

Eu só pasaba por aquí a escribir...

Creo que a maior frustración dun escritor, tanto famoso como anónimo, é non saber que escribir, non estar inspirado.
Cando levas tempo nesto de plasmar ideas nun papel, sintes que tes o deber de continuar, aínda que ninguén te lea, aínda que só escribas para ti. Convirtese nunha das túas maiores rutinas, desas que ata agradeces.
Non sei se son a única á que lle pasa pero isto de cambiar a un formato dixital merma moito as miñas capacidades creativas. Por norma xeral, cando me poño frente a un folio en branco, non me custa traballo redactar un exto, sexa máis bo ou menos. Pero isto dos blogs creame rexeitamento, non sei se polo feito de que sexa público ou por que outra razón.
A finalidade deste blog aínda non a teño moi clara, supoño que desaforgarme dun xeito distinto e ao tempo, agradar á xente cos meus textos; non sei o que salirá der aquí, pero por probar...